xoves, 4 de outubro de 2018

O por que deste blogue

Chámame moito a atención como funciona o noso cerebro. Un exemplo, as lembranzas; como calquera estímulo pode evocar en nós recordos lonxanos coma se fosen presentes. Ou o esquecemento; como é posíbel non recordar acontecementos que se supoñen cargados de emocións. Recoñezo, moi ao meu pesar, que son unha mamá desmemoriada. Da miña primeira filla teño máis recordos vivos. Cecáis o feito de ser a primeira e ter máis tempo para asimilar os feitos poda ser a causa. Da segunda non podo dicir o mesmo, vai cumprir xa 5 anos, e dende que pasou a ser a mediana, parece que os anos anteriores se borraron da miña memoria, como se xa nacese sendo así de grandiña. Así que este blogue nace coa intención de manter viva a lembranza dos acontecementos cotiás da crianza das miñas fillas e fillo. Agardo que sexa Menciña contra o esquecemento.

O por que deste blogue

Chámame moito a atención como funciona o noso cerebro. Un exemplo, as lembranzas; como calquera estímulo pode evocar en nós recordos lonxano...